Galicia

Cuarto día da folga indefinida das traballadoras e traballadores de Maderas Iglesias

Os traballadores e traballadoras de Maderas Iglesias completaron este venres pasado a súa 4ª xornada de folga indefinida convocada contra o impago de salarios e en prol do futuro da empresa e que, subliñan dende o seu Comité de Persoal, “está a contar cun seguimento unánime  por parte dos traballadores, que manteñen a moral alta e están dipostos a levar a súa loita até onde faga falla”.

O persoal, que estivo concentrado onte diante do Concello do Porriño, apoiados por varios concelleiros do mesmo, fixo un chamamento aos municipios da comarca para que “se comprometan na procura da viabilidade dunha empresa de fabricación de tarima flotante que supón 200 postos de traballo directos, na súa maioría mulleres”.

As empregadas e empregados insistiron, ademáis, na necesidade de que o conselleiro de Economía Emprego e Industria asuma os compromisos aprobados no Parlamento e se implique “de inmediato” para salvar a actividade.

También te puede interesar