Galicia Sucesos

Unha persoa morta e 82 feridas en accidentes de tráfico a pasada fin de semana en Galicia

O 061 asistiu durante a fin de semana a 83 persoas debido a 62 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 10, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 12 de agosto.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 69 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 62 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 83 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 85. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en cinco sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 71 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en dous sinistros.

En 73 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en nove ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar