Comarcas

O Concello de Redondela contrata as obras para ampliar a rede de saneamento á Estrada de Padrón, en Saxamonde

A obra de ampliación da rede de saneamento na Estrada de Padrón, na parroquia de Saxamonde será axiña unha realidade: o Goberno local de Redondela  vén de contratar os traballos que permitirán a colocación dunha nova rede de colectores, que completa o investimento realizado o pasado ano na N-550 ao seu paso por esta parroquia que deu acceso a este servizo a 40 casas, grazas a un orzamento de 174.000€.

Neste caso o importe do proxecto ascende a 62.000€ e dotarase de saneamento a outras 12 vivendas.

También te puede interesar