Ciencia y Tecnología Galicia

Esta fin de semana ‘Noite Branca’ e observación das Perseidas, en Vigo

A Orquestra Clásica de Vigo actuará fronte ás áncoras do monte do Castro-sábado, día 11 ás 9 e media da noite– dentro da programación municipal organizada polas ‘Bágoas de San Lorenzo’, as Perseidas, e tamén da Noite Branca deste ano que abrangue, entre outros actos, o concerto que ofrecerá a Orquestra Vigo 430 no xardín histórico de Castrelos, mañá ás 9 da noite.

Ambos concertos forman parte da programación da ‘Noite Branca’, que o Concello promove este sábado ampliando ata as 2 da mañá a apertura dos museos municipais e organizando 39 visitas guiadas, 9 exposicións específicas e 11 concertos de artistas locais.

O Verbum acollerá a actividade “Os tres tempos” coa participación de 30 artistas da poesía, danza, música e pintura, e incluirá a creación de graffitis de gran tamaño en vivo, djs, rap e danza moderna, coa participación dos asistentes nas creacións.

Pola súa banda, a observación das Perseidas ten lugar este domingo, de 10 e media a 12 e media da noite, en VigoZoo, e correrá a cargo de monitores da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura.

También te puede interesar