Destacados Galicia

Canjazz 2018, que se celebra en Cangas do 19 ao 22 deste mes, contará con Petros Klampanis,María Toro o Jeff Williams

Imagen:George Lizardos/ O Canjazz 2018, que se celebrará do 19 ao 22  de agosto en Cangas, presentou este venres parte da súa programación para a edición deste ano cun “cartelazo” de actividades que destaca “tanto polo altísimo nivel dos concertos nos que hai unha presenza moi internacional, como pola extensa formación que se ofrece a través das masters e os obradoiros, pensada para todo tipo de públicos sen deixarnos a ninguén atrás”.

“Este ano decidimos ir desvelando pouco a pouco o cartel para darlle a relevancia que merecen a todos os concertos, os da noite, as sesións vermú e tamén as jam sesión, así que despois do que damos a coñecer hoxe aínda quedan  sorpresas moi interesantes que publicaremos este domingo na festa de presentación que se celebrará en na Terraza Menduíña, en Aldán”, apuntou a directiva do festival.

A satisfacción polo cartel deste ano é moi alta xa que “contamos coa presenza de artistas internacionais dun nivel moi alto e incluso algún que xa forma parte da historia do jazz con nome propio, como Jeff Williams, pero ademais, temos unha representación da escena galega e estatal incrible, que non lle desmerece nada, e que ademais  permítenos dar a coñecer o enorme talento que temos aquí”.

También te puede interesar