Destacados Galicia

Canjazz 2018, que se celebra en Cangas do 19 ao 22 deste mes, contará con Petros Klampanis,María Toro o Jeff Williams

Imagen:George Lizardos/ O Canjazz 2018, que se celebrará do 19 ao 22  de agosto en Cangas, presentou este venres parte da súa programación para a edición deste ano cun «cartelazo» de actividades que destaca «tanto polo altísimo nivel dos concertos nos que hai unha presenza moi internacional, como pola extensa formación que se ofrece a través das masters e os obradoiros, pensada para todo tipo de públicos sen deixarnos a ninguén atrás».

«Este ano decidimos ir desvelando pouco a pouco o cartel para darlle a relevancia que merecen a todos os concertos, os da noite, as sesións vermú e tamén as jam sesión, así que despois do que damos a coñecer hoxe aínda quedan  sorpresas moi interesantes que publicaremos este domingo na festa de presentación que se celebrará en na Terraza Menduíña, en Aldán», apuntou a directiva do festival.

A satisfacción polo cartel deste ano é moi alta xa que «contamos coa presenza de artistas internacionais dun nivel moi alto e incluso algún que xa forma parte da historia do jazz con nome propio, como Jeff Williams, pero ademais, temos unha representación da escena galega e estatal incrible, que non lle desmerece nada, e que ademais  permítenos dar a coñecer o enorme talento que temos aquí».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.