Cultura

@Nosmesmas organiza en agosto e setembro distintas actividades de atención psicolóxica

Durante agosto e setembro a Asociación Nos Mesmas organiza sesións individuais e grupais de aceptación persoal e familiar, obradoiros de autoestima e empoderamento e superación de agresións.

As persoas interesadas poden informarse  ou solicitar unha cita na Porta do Sol, 11-bis, entresollado 3, mandar un correo ao enderezo  [email protected],  ou chamar ao teléfono 627736965

Aquelas que queiran inscribirse nalgún obradoiro -son de balde e con prazas limitadas- poden facelo entrando no blog https://asonosmesmas.blogspot.com/2018/08/servizo-gratuito-de-atencion-psicoloxica.html.

También te puede interesar