RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Galicia

O CHUVI operou a 11 pacientes de fora da área sanitaria de Vigo e non tivo necesidade de deribar a ningún enfermo da súa zona de influencia

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde (Sergas), o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) operou a 11 pacientes de fóra da área sanitaria de Vigo, durante o primeiro semestre deste ano, que foron derivados desde outros lugares de Galicia, para cumprir co Decreto de Garantías de Tempos Máximos de espera do Sergas.

O citado decreto fixa os tempos máximos para atención a pacientes, tanto en intervencións cirúrxicas como en consultas ou en probas  diagnósticas.

As 11 intervencións que se practicaron no CHUVI corresponderon ao Servizo de  Uroloxía, e todos os pacientes, diagnosticados con tumores, foron derivados desde o Complexo Hospitalario da Coruña. En concreto, operáronse 9  neoplasias  malignas de próstata e 2  neoplasias  malignas de  vexiga.

CHUVI non tivo necesidade de derivar a ningún paciente a outra área sanitaria, xa que todos os supostos que contempla o Decreto de Garantías  resolvéronse en tempo e forma. De feito, da aplicación do mesmo beneficiáronse 5.864 pacientes da área de Vigo desde xaneiro ata finais de xuño deste ano.

Do total dos pacientes beneficiados no CHUVI, 1.164 o foron en cirurxías; 2.167, en consultas de especialista; e 2.533 en probas diagnósticas.

También te puede interesar