Destacados Galicia

@En_Marea denuncia que o Goberno desbota a gratuidade da AP-9 coma alternativa á autovía Vigo-Porriño

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, dirixíase en xuño pasado, através dunha iniciativa parlamentar, ao Ministerio de Fomento para demandarlle o cumprimento da proposición de En Marea aprobada na Cámara Baixa en relación aos graves problemas de seguridade vial da A-55, Vigo-Porriño, e a necesidade de abordar a gratuidade ou reducións das peaxes da AP-9 Vigo-Tui como alernativa segura á condución.

Alexandra Fernández trasladaba ao novo ministro de Fomento, o socialista José Luis Ábalos, os acordos acadados en sede parlamentar en relación á proposición de En Marea, e lembráballe os puntos acordados: abordar a fondo o grave problema de seguridade vial na autovía A-55 Vigo-Porriño, o tramo de toda a rede estatal de maior acumulación de puntos negros e cunha elevadísima siniestralidade, abrir un proceso de negociación coa concesionaria da AP-9 para lograr unha oferta de reestructuración das peaxes no tramo Vigo-Tui ou incluso a súa gratuidade. Incluso se engadiu a necesidade de apostar pola saída sur ferroviaria de Vigo.

Nada de gratuidade

Pois ben, na súa resposta a En Marea, Fomento limítase a falar das obras de adecuación da A-55, e descarta claramente abrir negociacións con AUDASA, a concesionaria de AP-9 a fin de plantexar reducións nas peaxes ou incluso a gratuidade como alternativa segura ao elevado risco da A-55  Vigo-Porriño. Así, o Ministerio afirma que «mentras a AP-9 circunvala a cidade de Vigo, a función da autovía A-55 é a penetración e acceso principal ao centro da cidade desde o sur, polo que en ningún caso pode resultar a primeira sustitutiva da segunda».

Alexandra Fernández amosa o seu estupor pola negativa de Fomento a iniciar unha negociación coa concesionaria «cando o grupo socialista non só apoio a proposición de En Marea, senón que incluso pactou con nós un acordo transaccional». Pídelle a Ábalos que reconsidere esta posición porque «supón unha actitude obstruccionista en relación cunha posíbel solución».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.