RGPD - Cookies
Cultura

Redondela organiza unha ruta polas súas bibliotecas municipais coincidindo co 50 aniversario das mesmas

O próximo 22 de agosto, ás 11 e media da mañá, as bibliotecas municipais de Redondela ofreceran a posibilidade de coñecer 50 anos de historia das mesmas a través dunha visita guiada polos edificios que acolleron á Biblioteca P.M. Valle-Inclán desde o ano 1968 ata os nosos días.

O percorrido, dirixido a nenos de entre 6 e 12 anos, estará dirixido por Soledad Chayán e os asistentes, ademais das localizacións indicadas, poderán coñecer e admirar algúns dos lugares históricos e culturais do municipio.

A actividade é gratuíta pero necesita inscrición previa na Biblioteca Municipal de Redondela (986 40 15 61) pois as prazas son limitadas.

También te puede interesar