Cultura Vigo al minuto

A Asociación Veciñal de Teis denuncia o “abandono” da ETEA e o Goberno local afirma que iso é nos espazos competencia da Xunta

A Asociación Veciñal de Teis, colocou nas últimas horas unha pancarta reivindicativa co lema “Non ao abandono da ETEA, Xunta e Concello, culpábeis”, na antiga torre de vixilancia da que fora escola de transmisións da Armada, para denunciar,de novo,” a situación de abandono destes terreos”.

A xuizo desta asociación, é especialmente grave o abandono dos espazos públicos parque público e paseo marítimo, situación que se agrava meses de verán, pola maior afluencia da veciños.

A asociación vecinal subliña que no parque público, construído pola Consellería de Infraestruturas en 2013, os espazos verdes carecen de mantemento, o mato ocupa parte do parque, o parque infantil presente danos desde hai dous anos.

Ademáis, indica que “o paseo marítimo, realizado polo Concello en 2011, carece de papeleiras, non se realiza no mesmo un traballo de mantemento habitual e tamén abunda a vexetación que, como moito, cortase unha vez ao ano”.

A falta de mantemento da ETEA, engade a asociación de veciños, provoca que a vexetación invada todo e afecta as vivendas próximas, como os edificios da rúa Doutro Corbal, lindeiros con estes terreos, unha situación que se denunciara xa á Concellería de Parques e Xardíns.

O Goberno local acusa á asociación de mentir e de ‘tapar’ á Xunta

Pola súa banda, o Goberno local aclara, nunha nota enviada aos medios, que “todos os espazos da ETEA competencia do Concello están atendidos e coidados. O pavillón deportivo e o campo de fútbol están arranxados e en estado óptimo; e os grandes viais e o paseo, en bo estado”.

Pola contra, engaden dende o Concello, o parque infantil e os espazos interiores, competencia da Xunta de Galicia, están desatendidos.

A Asociación de Veciños de Teis sabeo e minte, como sempre fixeron. A praia da Punta non ten area porque Costas non autorizou ao Concello a construír o espigón. A Asociación de Veciños segue mentindo, non está no barrio, está na política e intenta desculpar á Xunta de Galicia e á antiga Zona Franca”.

También te puede interesar