RGPD - Cookies
Galicia

O Concello de Redondela prohíbe a venda de alcohol nas barras que se instalen no ‘Entroido de Verán’

O Concello de Redondela vén de publicar no ‘Perfil do contratante’, no seu portal web, as bases para a instalación de barras no recinto do ‘Entroido de Verán’.Os establecementos interesados dispoñen de 7 días hábiles para presentar a súa oferta. Son 13 os postos aos que se pode optar, 10 deles dentro do recinto do concerto e 3 na pista de baloncesto.

Como novidade, e dentro da campaña de controlar o consumo de alcohol e fomentar os bos hábitos no entroido, o Concello decidiu que este ano ningunha destas 13 barras poderán vender bebidas alcohólicas.

También te puede interesar