Comarcas

@depo_es aproba achegas de 710.000€ para Cangas, A Guarda, Mos, Nigrán e Ponteareas

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este martes seis novas achegas para os concellos de Cangas, A Guarda, Mos, Nigrán e Ponteareas, dentro da Liña 1 do “Plan Concellos 2018”. Estes investimentos supoñen un total de 710.632,46 euros.

Cangas

A institución provincial destina ao concello de Cangas dúas novas achegas cun valor total de  329.994,13€ dos cales 177.532,05 son para o proxecto de mellora de abastecemento e saneamento en Camiño Rabáns, Pagha da besta e praia Castiñeiras; e outros 152.462,08€ para a mellora de servizos e pavimentación da rúa Valentín Losada. Con esta achega, Cangas xa ten recibido 974.908,66€ do Plan Concellos 2018, é dicir, o 51,66% do Plan Provincial.

A Guarda

Pola súa banda, o concello de A Guarda recibe por parte da Deputación 79.739,65 € que destinará á construción do skate-park Atalaia.  O goberno de Carmela Silva xa destinou á Guarda 709.500,91€ do Plan Concellos 2018, o que supón o 52,6%.

Mos

No caso de Mos, a Institución achega un total de 120.000€ para financiar o proxecto dun parque en Pesqueira, Paseo do Louro. Con esta achega, Mos xa ten recibido 305.734,09€ do Plan Concellos 2018, é dicir, o 18,47% do Plan Provincial.

Nigrán

Así mesmo, a Deputación destina 84.643,17€ ao concello de Nigrán para o acondicionamento da rúa Igrexa-Chandebrito. A institución provincial xa destinou a Nigrán 404.854,59€, isto supón o 23,69% do plan.

Ponteareas

E xa por último, o goberno provincial achega 96.255,51€ ao concello de Ponteareas para o proxecto de substitución do equipo de climatización na piscina municipal. Con esta achega, Ponteareas xa ten recibido 468.656,51€ do Plan Concellos 2018, é dicir, o 23,61%.

Este ano a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.

También te puede interesar