Cultura

@concellosalceda impulsa a eleminación das bolsas de plástico en colaboración cos praceiros

Os praceiros e as praceiras de Salceda de Caselas, en colaboración co Concello, distribuirán de balde bolsas reutilizables entre os seus clientes e clientas, para contribuír así á eliminación do uso de bolsas de plástico.

Dende o pasado 1 de xullo está prohibido subministrar bolsas de plástico de xeito gratuíto, polo que os establecementos están obrigados a cobrar entre 5 e 15 céntimos por elas coa finalidade de adaptarse á directiva europea, que ten como obxectivo último eliminar as bolsas de plástico para o 2021.

Segundo o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, cada persoa consume 144 bolsas de plástico anuais e o 90% son de un só uso, o que se ten convertido nun verdadeiro problema para o medio. Cada ano, ata 12 millóns de toneladas deste material chegan aos mares e océanos e afectan a máis de 550 especies.

Segundo subliña Loli Castiñeira, concelleira de Comercio: “os praceiros e praceiras de Salceda comprométense tamén co medioambiente, e con esta medida trasladaremos esa inquietude á clientela da Praza de Abastos. Temos que agradecer a implicación amosada, e lembrar que no Concello de Salceda sempre atoparán apoio para este tipo de iniciativas, favorables tanto para os veciños e veciñas como, sobre todo, para o medioambiente”.

A xuizo do alcalde, Marcos Besada, “no noso país estamos á cola na loita contra o plástico, e a día de hoxe xa tódolos océanos teñen restos de plásticos. Os nosos praceiros e praceiras están a dar un verdadeiro exemplo que a veciñanza de Salceda saberá agradecer”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.