Cultura Galicia

O Concello de Redondela vén de pedir a declaración de Ben de Interese Cultural para a danza das Penlas

O Pleno do Concello de Redondela, cos votos do grupo Popular, AER e o concelleiro non adscrito, aprobou  solicitar a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) para As Penlas.

Trátase do primeiro paso para “protexer e conservar este elemento único patrimonial”, que sobreviviu grazas ao traballo de tantas e tantas veciñas que transmitiron de xeración en xeración esta danza, que ten uns orixes anteriores á celebración do Corpus- no século XVI- e que so chegou ata hoxe en Redondela.

También te puede interesar