Comarcas

@depo_es aprobará novas axudas de emerxencia veciños dos concellos de Moaña e Rodeiro

O goberno da Deputación de Pontevedra  aprobará o próximo martes as axudas básicas de emerxencia 2018 para os concellos de Moaña e Rodeiro. Déuselle o visto bo a un total de 17.300€, 10.900 euros para o concello de Moaña e outros 6.400 euros para Rodeiro.

Segundo indican dende a Deputación, trátase do cuarto grupo de axudas básicas de emerxencia: en maio aprobáronse as partidas para 41 concellos da provincia por un importe total de 372.500€; en xuño, as axudas para outros tres concellos cun total de 26.200€; e neste mes de xullo, as axudas para outros dous municipios por un importe de 17.200. En conxunto, ata agora o Goberno provincial leva aprobados 433.200€ para as axudas básicas de emerxencia en 48 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.

Neste ano 2018,  o importe total da Deputación para estas axudas é de 465.000€. O ano pasado, este programa deu cobertura ás necesidades básicas de 1.861 familias da provincia. Delas, 1.067 tiñan menores ao seu cargo, 1.150 tiñan ambos proxenitores en situación de desemprego e 321 eran familias monoparentais.

As axudas básicas de emerxencia teñen por obxecto atender as demandas de urxente e puntual necesidade da veciñanza en situación ou en risco de exclusión social, con especial atención ás persoas con menores a cargo. A tipoloxía das axudas cubre diferentes gastos: alimentación, uso de vivenda, pagamento de recibos, produtos de hixiene e limpeza, produtos farmacéuticos, adquisición de electrodomésticos básicos, desprazamentos, lentes e audiófonos, gastos derivados de tratamentos de odontoloxía, produtos de apoio para persoas con dependencia ou discapacidade ou axudas de apoio á infancia.

También te puede interesar