Destacados Vigo al minuto

O Goberno local aproba un Plan de Emprego cun orzamento de 1 millón de euros para crear 200 postos de traballo

O Goberno local aprobou este venres a resolución de solicitudes presentadas á convocatoria de subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro 2018. O alcalde informou en rolda de prensa de que as achegas acadan un valor dun millón de euros e van directamente a un total de 72 asociacións.

O plan, que segundo Abel Caballero “é o máis importante Plan de Emprego das cidades de Galicia, de longo, e probablemente o máis importante de España”, creará un total de 200 postos de traballo e no mesmo están incluídas: 15 entidades veciñais e culturais (San Xurxo, Casco Vello, Lavadores, San Pedro de Matamá La Unión, Praza da Miñoca, Vigo Centro, Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, Federación de Peñas El Olivo, O Carballo de Sárdoma, Barrio Alto do Casco Vello, Atlántida de Matamá, Beade, Calvario, Valladares e Candeán); 26 entidades sociais e asistenciais (Fundación Menela, Fundamar, Fundación Luis Tilve, Asociación de Persoas Xordas de Vigo, Asvidal, Alento, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Cáritas, Mulleres Progresistas, DOA, Fundación Laboral de la Construcción, FADEMGA, APAMP, Galicia Fiddle, Mulleres en Igualdade, AVEMPO, FEAFES, ABAP, Asociación en favor de las personas con discapacidad intelectual, Fundación Aldaba, AFAGA, Asociación Xaruma, Unión Musical de Valladares, Fundación CIP, Emaús, Reencanto Produccións, Mulleres Pedra da Vella), unha organización sindical (UGT), quince entidades empresariales (AETRAVI), Acluxega, ACECA, ATRA, Comerciantes de Teis, Empresarias de Galicia, ASIME, AJE Vigo, Mercado de Travesas, AGASU, Instalectra, ASETRANSPO, Federación de Comercio, Zona Náutico, Comerciantes PAU Navia), a Mancomunidad de Montes de Vigo, e 14 entidades deportivas (Alerta Navia, CD Coia, AFAVI, Tamiar – APAMP, Club Remo Coruxo, SR Casablanca, Balaídos CF, Asociación Viguesa de Jiu-Jitsu Brasileiro, Club Ciclista Vigués, Club Esgrima El Olivo, Club Escola Rosalía, Cicloturista Valladares, NovoBasket Vigo, Balonmán Lavadores).

También te puede interesar