'Qué te cuentas?' Destacados

60.600 fogares galegos teñen a todos os seus membros no paro

Segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA) que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE) o número de fogares con todos os seus membros activos baixou  en 8.300 unidades durante o segundo trimestre do ano en Galicia e aumentou ata os 590.500 o de aqueles que teñen a todos os seus membros activos ocupados, o que supón un incremento de 10.700.

A EPA sinala que dos 318.700 mozos galegos de entre 16 e 29 anos, 122.200 están traballando -o 38,3%-, 37.000 seguen no paro- o 11,6%- e 159.600 son inactivos- máis do 50%-.

Na mesma liña, aumentou en máis dun 10% o número de rapazas e rapaces que están a traballar cun contrato temporal de xeito que a taxa de temporalidade para mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase no 63,4%.

También te puede interesar