Comarcas

@ConcelloNigran inicia este mércores a feira gastronómica ‘Rilla na rúa’ coma aperitivo do ‘Nigranjazz’

O Concello de Nigrán arranca dende este mércores, día 25, e ata o domingo, 29 de xullo, o ‘Rilla na Rúa’ no paseo de A Ramallosa, a feira gastronómica sobre rodas que, un ano máis, coincidirá co ‘Nigranjazz’ durante as noites do venres e sábado no esteiro de A Foz.

Un total de 14 food trucks con diversas propostas gastronómicas ocuparán dende esta tarde o paseo ata o escenario ao aire libre da Foz, onte ten lugar o Nigranjazz. Ademais, durante os cinco días haberá distintas actividades programadas para todos os públicos.

“Rilla na Rúa”, considerado un dos eventos de street food máis importantes de España, reuniu en Nigrán o pasado ano a máis de 10.000 persoas, sendo o emprazamento onde máis éxito colleitan. Este ano a música en directo ten un protagonismo importante: Ibanfield, o grupo de jazz Low Bay Hot Band, Babú and the Grove Conection, La Pistola del Manco, Vilapengüin Dj´s e ASel Collins DJ. Ademais, volverá ás praias da zona e ao recinto do “Rilla na Rúa” o espectáculo de Nelson Quinteiro e tamén se poderá gozar de 15 markets de produtos vintage, actividades infantís ou a actuación da escola de baile Ldanzia.

Na mesma contorna e complementándose mutuamente, ao fin do paseo da Foz terá lugar o XII  ‘Nigranjazz’ o venres e sábado coa actuación estelar do guitarrista holandés Jesse Van Ruller en trío e do valenciano Voro García en quinteto, considerado como un dos mellores trompetistas a nivel internacional.

A programación do Nigranjazz une novamente a figuras de recoñecido prestixio mundial cos músicos galegos máis relevantes do momento, como Xacobe Martínez Antelo e Dani Font, que cos seus respectivos tríos serán os encargados de abrir o festival o 27 e 28 respectivamente. Ademais, é como é xa a súa seña de identidade, celebrarase a tradicional master- class -nesta ocasión a cargo de Peter Bernstein o 27 e Jesse Van Ruller o 28, inscrición e información en [email protected] e haberá  jams  sessions posteriores aos concertos que abrirán Emilio Atantes e Diego Alonso con casanseu cuarteto.

También te puede interesar