Galicia

As visitas ao Pórtico da Gloria empezan o venres día 27 en horario de 8 da mañá a 10 da noite

O vindeiro venres, día 27 de xullo, empezan as visita ao reformado Pórtico da Gloria, que se estenderán ata finais de setembro e que estarán controladas polo Goberno de Galicia cun “equipo permanente” de vixiantes de seguridade en todo o horario de apertura que se encargará de regular os fluxos de visitantes.

Instalarase un punto de control na praza do Obradoiro, aos pés da escalinata barroca da catedral, onde se situarán dous vixiantes de seguridade, que só permitirán a subida ao grupo de visita e ao que quedará en espera. Neste punto farase entrega dun folleto informativo sobre o Pórtico da Gloria, dispoñible en galego, castelán e inglés.

Nesta primeira fase das visitas ao Pórtico da Gloria poderán acceder grupos de 25 persoas como máximo. O acceso, que será a través do primeiro punto de control na escalinata, que ofrecerá a oportunidade de volver empregar o espazo monumental e a súa terraza superior, redescubrindo a ampla perspectiva sobre a praza do Obradoiro.

Os grupos entrarán de balde e por rigorosa orde de chegada cun amplo horario de luns a domingo desde as 8 da mañá ás 10 da noite –considerando que o último acceso será ás 10 menos cuarto-.O tempo de visita será como máximo 15 minutos e para grupos de persoas con discapacidade, haberá  percorridos alternativos.

También te puede interesar