Galicia

A pensión media sitúase en Galicia nos 794€, a segunda máis baixa do Estado

Segundo os datos difundidos polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, os pensionistas galegos seguen a ser dos que menos cobran de todo o Estado- so por riba dos estremeños- cunha paga, media, de 794€.

Os mesmos datos reflicten que o número de pensións en Galicia situouse no mes de xullo en 761.894, un 0,4% máis que o mesmo mes do ano pasado.

Dacordo co Ministerio de Traballo, a pensión media máis baixa en Galicia rexístrase na provincia de Ourense, con 685,11€, seguida da de Lugo, con 705,22€ , mentres que en Pontevedra é de 835,05 e na da Coruña con 836,06€.

También te puede interesar