Cultura Destacados

Samil xa dispón de servizo para persoas con mobilidade reducida

O servizo estará en funcionamento ata o 31 de agosto, todos os días de 11 da mañá a 2 da tarde e de 4 a 8. Os tipos de servizos que se realizan son baño adaptado con cadeira anfibia, apoio no acceso e saída á praia, cesión de muletas anfibias, cesión de cadeira anfibia a entidades que contan con técnicos propios.

Pulseiras para nenas e nenos

Ademais, no dispositivo establecido en Samil tamén hai pulseiras identificativas para nenos: 1.700 en total nas que figura o nome do neno e un teléfono de contacto co obxectivo de minimizar o tempo de busca cando se extravían.

A pulseira é gratuíta e os pais poden solicitala no centro municipal de coordinación de emerxencias e nos postos de socorrismo das praias. Nos últimos anos o número de menores extraviados nas praias viguesas descendeu, en 2014 (156 menores extraviados), 2015 (114), 2016 (90), 2017 (77), 2018 (24, hasta 19 de xullo).

También te puede interesar