Deportes

O Concello aproba a contratación da obra do pavillón de Quirós por 3,2 millóns

Imagen: ARCHIVO/A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación das obras do pavillón deportivo cuberto e instalacións complementarias para a completa urbanización das parcelas 28 e 29 do Plan Parcial Quirós.

O alcalde sinalou que o importe de licitación para a nova infraestrutura é de 3,22 millóns e a obra enmárcase no convenio firmado entre Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra para a mellora das instalacións deportivas da cidade.

O acordo inclúe a renovación do céspede sintético en 10 campos de fútbol municipais e a mellora do alumeado e instalacións técnicas (2,9 millóns, ademais da nova instalación deportiva cuberta de Romil (2,1 millóns) e a renovación integral dos pavillóns deportivos e a grada de Río.

También te puede interesar