Comarcas

@depo_es aproba a agardada reforma do aparcadoiro da Alameda de Chapela, en Redondela

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar este luns a nova achega para o concello de Redondela, dentro da Liña 1 do “Plan Concellos 2018”, por un valor total de 60.327,12€, coa que se financiará a reforma do aparcadoiro anexo á Alameda de Chapela.

Segundo indica a Deputación, o proxecto supón a retirada do parque infantil da zona para poder ampliar o espazo de aparcamento na zona traseira da Alameda. As obras tamén abranguen o asfaltado da explanada.

Con esta achega, Redondela xa ten recibido 455.242,67€ do Plan Concellos 2018, o 22,7% do plan provincial. Este ano, co Plan provincial, a Deputación de Pontevedra pon a disposición do concello de Redondela máis de 2 millóns de euros (2.005.212,11), o que supón un 72,85% máis que o ano pasado.

También te puede interesar