Galicia

#ACanciónDo25 O BNG lanza tema musical ‘Sumar por Galiza’, para celebrar o ‘Dia da Patria Galega’

Por segundo ano consecutivo, o BNG lanza un tema musical a modo de himno de celebración do Día da Patria como formato creativo e diferente para convidar aos galegos e as galegas a sumarse á gran mobilización do 25 de Xullo, e en encher as rúas de Compostela nesa manifestación que cada ano, desde 1968, convoca o nacionalismo.

O tema musical leva por título ‘Sumar por Galiza’, lema da campaña do Bloque neste Día da Patria, reforzando a mensaxe de sumar a favor do país, cunha letra inclusiva e optimista que anima “a sumar para abrir un novo tempo de esperanza”.

Con músicos de diferentes bandas do país,  #ACanciónDo25 está interpretada polas voces de Aida López, vocalista de Cuarta Xusta, e de Pablo Carracedo, Jasper, vocalista de Nao, nun tema de gran potencial musical que transmite optimismo, ilusión, confianza e esperanza no futuro, convidando “a sumar os soños, man con man”.

También te puede interesar