Destacados Vigo al minuto

O Concello interpón un segundo recurso contra a obriga de financiar os centros de día da Xunta

O Goberno local acordou este mércores interpoñer un segundo recurso contencioso-administrativo contra a decisión da Xunta de obrigar ao Concello a cofinanciar os centros de día de Valladares, Teis e Coia.

O alcalde asegurou este xoves en rolda de prensa que a  lei da Xunta forza ao Concello a abonar o 30% do custe destes tres centros de día e das escolas infantís de Valladares e da rúa Palencia, cando “trátase dunha competencia e xestión autonómica”.

En total, o copago esixido a Vigo ascende a 550.000€ e por iso o Concello, seguindo indicacións do xulgado, recorreu separadamente o segundo semestre do cofinanzamento dos centros de día, “competencia exclusiva da comunidade autónoma”. A liquidación do primeiro semestre foi de 171.250€, a mesma cantidade que se reclama agora, a contía correspondente aos últimos seis meses.

Abel Caballero censurou que a Xunta “unilateralmente” lexisle o pago por parte da cidade dos servizos de competencia autonómica e nunha cantidade, o que representa un “grave atentado contra a autonomía local”. Dentro das competencias que a Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local (LARSAL) atribúe aos concellos non se inclúe a asunción forzosa de parte dos gastos ordinarios de centros da administración autonómica, explicou o alcalde.

También te puede interesar