Galicia

Vigo concentra a metade dos perceptores da RISGA da provincia de Pontevedra: 14.652 benefiarios en total

A Xunta anuncia un aumento do 2,5% na Risga en las Axudas de Inclusión Social

Segundo os datos correspondentes aos seis primeiros meses do ano difundidos este mércores polo Goberno galego.

O importe destinado esta prestación e ás Axudas de Inclusión Social na cidade ascende neste período a 6.305.122€, unha cantidade, segundo os datos da Xunta, á que habería que sumar os 333.563€ que se destinan ás Axudas de Inclusión Social (AIS), cun total de 450 concedidas entre xaneiro e xuño.

Atendendo a este mesmo período, no conxunto da área territorial de Vigo a contía ascende a máis de 7,8 millóns –para 18.213 beneficiarios- no caso da Risga e a 423.339€ no caso do AIS, con 564 concesións.

Dende o Goberno de Galicia séguese con “preocupación” o feito de que, segundo denuncian, Vigo sexa o concello da área que máis tarda en enviar os expedientes da Risga á Administración autonómica, superando os catro meses e medio-e chegando nalgún caso aos 10 meses-.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.