Destacados

@depo_es inaugura a humanización da Avenida de Puxeiros, en Mos

O deputado provincial Carlos Font, acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a deputada Digna Rivas, e representantes da corporación municipal, asistiu este sábado  á inauguración das obras de humanización da Avenida de Puxeiros, unha actuación largamente demandada pola veciñanza e que foi financiada a través do Plan Concellos da Deputación cunha achega de case 262.000€

O obxectivo do proxecto foi a humanización da avenida, entre a glorieta da estrada Puxeiros-Mos e o acceso á autovía A-55. Preténdese así mellorar a seguridade viaria  para peóns e persoas usuarias da zona, humanizando aqueles tramos de viarios que discorren polos núcleos máis urbanos.

Os traballos consistiron na realización dun muro de contención e na instalación de tubaxes para a canalización de pluviais e do alumeado público, así como os sumidoiros para pluviais.  Instalouse unha nova rede eléctrica de alumeado público e oito columnas provistas de luminarias LED, así como sinalización viaria e vertical e pasos de peóns elevados. Tamén se realizou a colocación de mediana axardinada na estrada con asfaltado e pintado do viario, ademais da construción dunha senda peonil na marxe dereita.

Esta humanización inclúese dentro das actuacións financiadas a través do Plan Concellos, que achegou a Mos case un millón de euros (939.278,39 euros). Neste ano 2018, o goberno de Carmela Silva incrementou as contías aportadas a Mos nun 76,27%, polo que ten posto a disposición deste municipio máis dun millón e medio de euros (1.665.652,94 euros).

Nos tres anos de lexislatura, o goberno provincial achegou ao municipio de Mos máis de 5,2 millóns de euros entre todas as áreas de goberno.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.