RGPD - Cookies
Comarcas Destacados

@AsNevesConcello da a saída este sábado aos días fortes da XIII Festa do Tinto das Rías Baixas

Este sábado, día 7, empezan os ‘días fortes’ da XIII Festa do Tinto das Rías Baixas, en As Neves, coa apertura, ás 7 da tarde, das casetas, nas que estarán dispoñibles viños de 17 adegas da D.O Rias Baixas. Ademais no recinto haberá postos gastronómicos, area de xantar e area de xogos.

Este ano As Neves volve a contar coa presenza do impresionante ‘Performance de Pablo Méndez’, ás 9 da noite, que xa na edición anterior fixo as delicias dos asistentes, cun espectáculo cheo de luz e cor.

Antes, ás 8 e media da tarde estará aberto o ‘Tunel do Viño’, para aqueles que desexen catar mais de 30 referencias de viños da D.O Rias Baixas, no local da rúa Marquesa do Pazo nº 8 (Xunto o bar Fausto) o túnel permanecerá aberto ata ás 10 da noite e terá un coste de 10€.

Morris, pregoeiro o domingo

Mañá, domingo día 8, os amantes do sendeirismo teñen unha cita no pavillón deportivo das Neves ás 9 da mañá, desde onde sairá o autobús que os levará ata a adega Señorío de Rubiós onde dará comezo a ruta de sendeirismo “Entre viñedos”, organizada pola Ruta do Viño das Rías Baixas, en colaboración co Concello das Neves. A ruta rematará na adega Viña Nora onde o autobús os devolverá ao cento das Neves. Os interesados poden reservar praza chamando ao teléfono  986 09 10 88

Ás 11:00 está programada a apertura das casetas e do Túnel do viño e ás 12:00 lerase o pregón que esta ano estará a cargo do actor Antonio Durán ‘Morris’, -Manuel Charlín na serie Fariña-.

Ás 12:30 actuará o grupo A barca de Loimil de música e baile tradicional. Durante a festa os visitantes terán a súa disposición un area de descanso e pic nic na que poderán desfrutar das delicias gastronómicas e do viño que se ofertará nas distintas casetas do recinto feiral.

Ás 3 da tarde, unha actuación para toda a familia Lilicleta, disco retro e xa ás 7 Fran Rey coa historia de Blancaflor, un espectáculo para os mais pequenos. Para rematar, Hindie-folk galego ás 8 e media, con Caxade.

También te puede interesar