Ciencia y Tecnología Destacados

Máis de 100.000€ para a reforma da envolvente térmica do Meixoeiro, mellorando a cuberta, a fachada e os cerramentos do hospital

O Diario Oficial de Galicia (DOGA) publica este xoves  unha resolución do Servizo Galego de saúde pola que se formaliza a contratación da redacción do proxecto básico e de execución así como a dirección facultativa para a reforma da envolvente térmica do Hospital Meixoeiro, “mellorando a cuberta, a fachada e os cerramentos”.  O importe dos traballos, cofinanciados nun 80% cos fondos FEDER, é de 100.282,38€.

O obxecto deste proxecto é mellorar a eficiencia enerxética do edificio, controlar o consumo, posibilitar a introdución de enerxías renovables e edificios sostibles, e contribuír ao coidado do medio ambiente.

Alto consumo enerxético

A día de hoxe, o sistema de climatización do Meixoeiro -refrixeración, central calor, e distribución de aire- supón un 53% do consumo eléctrico do hospital, e a iluminación un 21% e,a maiores, estarían os equipos como ascensores, grupos de presión, e equipamentos de tecnoloxía médica.

Coa substitución de carpinterías e vidros, a instalación dun sistema de illamento térmico da envolvente, e a mellora de iluminación, a calificación enerxética do hospital mellorará  substancialmente ao reducirse nun 24% as emisións de gases á atmosfera.

También te puede interesar