RGPD - Cookies
Galicia

@DignaRRivas lembra que @depo_es investiu máis de 6 millóns de euros en Redondela en 3 anos

A deputada de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra e concelleira do en  Redondela asegurou nun encontro con xornalistas, que a Deputación de Pontevedra investiu máis de 6 millóns de euros en Redondela nos últimos tres anos.

Digna Rivas, sinalou, polo miúdo, as cantidades que recibiu o Concello de Redondela do organismo provincial por diferentes canles e lamentou  que eses cartos non se destinasen en obras demandadas polos veciños e que “o alcalde destinase 38.000€ dos mesmos a un piano de cola para a Xunqueira”.

Rivas acusou a Javier Bas de non facer mención algunha ás achegas que recibe da Deputación, “das que ten sen xustificar o 70% dos gastos do pasado 2017”, e de lembrar os que fai a Xunta de Galicia.

A deputada provincial subliñou que a Deputación destinou a Redondela, entre outras cantidades, 655.000€ a mobilidade, 270.000€ a emprego, grazas aos cales contratáronse 15 persoas, 330.000€ a clubs e deportistas individuais redondeláns; 145.000€ a Cultura; 66.000€ a actividades de Depotermal; 31.000€ a cohesión social; 78.000 a actividades musicais; , aos que, subliñou, habería que engadir as inversión en igualdade, desbordes, medio ambiente, escolas deportivas, infraestruturas, campos de fútbol ou a implantación da Administración Electrónica, “asumida na súa totalidade, dende 2017, pola Deputación, sen gasto algún por parte do Concello”.

Digna Rivas asegurou que o que fixo o alcalde foi adicar os cartos que achegou a Deputación a Redondela ao pago de gastos correntes, “coma electricidade ou facturas o cal permitiulle, dunha banda, ter un remanente de 1,5 millóns de euros e, doutra, “facer que non se note o que fai a Deputación en Redondela”.

Rivas defendeu o modelo de xestión do actual goberno provincial, “que baséase en criterios obxectivos coma o número de habitantes, a extensión, a densidade de poboación ou a situación das parroquias, no que prima a igualdade e a transparencia”, fronte ao do presidido por Louzán, “no que o que pesaba era que un concello fose ou non do seu partido”.

Bas moi puco belixerante coa Xunta e defendendo os intereses do seu partido e non dos seus veciños

A deputada provincial lamentou que o alcalde de Redondela, que se  amósase moi reivindicativo e crítico coa Deputación “non ten a mesma belixerancia con outras administracións, como a Xunta de Galicia”, maila a que o Goberno galego non cumpriu coas obrigas que ten cos redondeláns e non acometeu, en 7 anos,as obras do patio cuberto do colexio de Santa Mariña, tampouco a gardería e o Centro de Día de Chapela ou ampliación do porto de Cesantes.

Rivas, cualificou, neste mesmo sentido, de “escándalo” que o alcalde de Redondela non movese un dedo para esixir a Rajoy a eliminación da peaxe de Rande, “cando agora se sabe que aquel Goberno non fixo nada de nada agás enganar aos redondeláns e Javier Bas segue a defendelo antes que aos seus veciños”.

También te puede interesar