Deportes Galicia

O monopraza da Universidade de Vigo, parte cara á súa primeira proba no circuito de Assen

A menos dunha semana para a súa estrea no circuíto de Assen, Holanda, o monopraza de Uvigo Motorsport presentouse publicamente este mércores no campus vigués. A partir do luns día 9 o equipo de estudantes da Universidade de Vigo testará a cuarta xeración do coche desde que comezaron a competir en Formula Student en 2015.

Acompañados polo reitor da Universidade, o alcalde, a delegada do Goberno na Zona Franca o presidente do Consello Social da Universidade e o director da EE Industrial descubriron o segredo mellor gardado, un monopraza que presenta destacadas melloras respecto ao seu predecesor, o UM17, como a nova aero activa do alerón dianteiro e máis o sistema de cambio pneumático, todo isto propulsado por un motor Kawasaki ER6-n 650cc.

Entre os días 9 ao 12 deste mes o UM18 someterase á súa primeira proba real en pista, no circuíto de Assen, en Holanda, cara a onde parte esta tarde en camión, mentres que o equipo viaxará o sábado. A segunda carreira que disputarán será entre o 21 e o 26 de agosto en Montmeló.

También te puede interesar