Comarcas

O Concello de Redondela abre ao prazo para solicitar as Axudas Municipais para a Adquisición de Material Escolar para o curso 2018-2019

Dende este pasado luns, 2 de xullo, e ata o vindeiro día 20, está aberto o prazo de solicitude de Axudas do Concello de Redondela para a Adquisición de Material Escolar para o curso 2018-2019 de Educación Infantil.

O Concello de Redondela destina a estas subvencións unha partida de 8.500€ sendo as axudas que se perciban por esta orde de subvención compatibles coas que se obteñan de calquera outra administración. Para determinar o cumprimento dos requisitos terase en conta a situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2017 e a renda per capita do exercicio fiscal 2017.

Aquelas persoas que queiran optar ás mesmas poden consultar as bases entrando na web municipal redondela.gal.

También te puede interesar