RGPD - Cookies
Comarcas

@AsNevesConcello xa ten en marcha a ‘Ruta dos Pinchos’, dentro da 13ª Festa do Tinto das Rías Baixas

Dende este sábado pasado, día 30 xuño, está en marcha en As Neves, dentro da celebración da XIII Festa do Tinto das Rías Baixas, a ‘Ruta dos Pinchos’, na que participan seis establecementos hostaleiros locais: Vide Vide, Chiringuito, Fausto, Valeriano, Donde Vamos? e Era Visto ofrecen tapas e un viño por 2,5€, unha ‘oferta’ que seguirá ata o vindeiro venres, día 6 de xullo.

Cata e cine

Este mesmo mércores,, coa finalidade de poñer en valor os tintos das Rías Baixas, o enólogo David Pascual dirixirá unha cata profesional.: a cita será as 8 e media da tarde e as reservas poden facerse chamando ao teléfono 679 453 206. A XIII Festa do Tinto das Rías Baixas ofrecerá o mércores e xoves, 4 e 5 de xullo, o ciclo ‘Cine e viño’ coa proxección da película ‘Entre Copas’ e do documental ‘O Viño de Rubiós’, os dous pases serán ás 8 e media da tarde na Biblioteca Municipal.

Doutra banda, a adega Señorío de Rubiós acollerá unha sesión de ‘Viño e Jazz’ cun concerto de Jazzic-piano guitar, o venres, día 6 ás 9 e media da noite. O prezo será de 6 euros –xunto coa degustación de dous viños e unha tapa-. As poden facerse chamando ao teléfono 986 66 72 12 o mandando un correo ao enderezo [email protected]

También te puede interesar