Comarcas

Redondela retoma este luns, e durante todo o verán, as visitas guiadas pola vila

Desde este luns, 2 de xullo, a Concellería de Turismo retoma as visitas por Redondela ofrecendo aos visitantes a posibilidade de coñecer o seu patrimonio histórico, cultural, natural, industrial arquitectónico e comercial.

As visitas serán todos os días do verán, con saída dende a Oficina de Turismo ás 7 e media da tarde, cun aforo máximo de 25 persoas. Os interesados poden anotarse na mesma oficina antes das 7 e media da tarde, mandar un correo ao enderezo [email protected] ou chamar ao teléfono 986401713 de 11 a 2 e de 4 e media a 7 e media da tarde.

Estas saídas, que son de balde e non requiren ningún equipamento especial, permiten, ao ser en grupo, ir parando nos lugares que máis interesen aos participantes, sinala a concelleira Teresa París quen lembra que “este proxecto empezou o ano pasado con moita afluencia de persoas e non podíamos deixar de repetilo”.

París engade que “é moi interesante que os peregrinos e turistas en xeral coñezan Redondela e o seu valor artístico e patrimonial e que teñan unha boa lembranza da nosa vila”.

También te puede interesar