Galicia Vigo al minuto

@depo_es pon en marcha este luns o ‘Plan de Práctica Laboral’ que permitirá traballar a preto de 150 rapazas e rapaces da provincia

Máis de 140 mozos e mozas da provincia van realizar prácticas laborais en distintos concellos da provincia e na Deputación de Pontevedra a través do ‘Plan de Práctica Laboral 2018’, posto en marcha pola institución provincial.

O Goberno da Deputación vén de aprobar a adxudicación de prazas para esta iniciativa. As estadías laborais comezarán este vindeiro luns 2 de xullo e prolongaranse durante seis meses, prorrogables por outros seis máis.

En total, o ‘Plan de Práctica Laboral 2018’ permitirá que preto de 150 mozos e mozas se beneficien este ano deste programa: algo máis de 100 estarán en 57 concellos da provincia e máis de 40 realizarán as súas estadías laborais nas distintas áreas da Deputación. Entres as bolseiras e bolseiros con titulación universitaria, os graos máis demandados foron Traballo Social, Dereito, Dirección e Xestión Pública, Relacións Laborais e Recursos Humanos e Educación Social. En canto aos ciclos superiores de Formación Profesional, aqueles con máis beneficiarios e beneficiarias son Administración e Finanzas e Xestión Forestal e do Medio Ambiente.

O obxectivo deste programa é que mozos e mozas da provincia con titulacións universitarias ou ciclos superiores de formación profesional accedan a estadías laborais en concellos de menos de 50.000 habitantes e na Deputación para así mellorar e acrecentar a súa experiencia laboral. Este ano houbo unha suba de 40€ nas contías que percibirán os bolseiros e bolseiras, de xeito que quedan en 840€ para as persoas con titulación universitaria e 740€ ao mes para as persoas de ciclos superiores de formación profesional.

También te puede interesar