Ciencia y Tecnología Galicia

Este domingo, 1 de xullo, ábrese a extracción da nécora e do lumbrigante en toda Galicia

A partir de mañá, domingo 1 de xullo, ábrese a extracción da nécora e do lumbrigante en toda Galicia que permanecerá autorizada ata o vindeiro 31 de decembro, día incluído.

No caso da nécora, as medidas de xestión para a súa explotación desenvólvense nun plan experimental para a xestión desta especie e do camarón coa arte de nasa nécora e camarón. A vixencia deste plan é ata o 30 de xuño de 2019.

Nel establécese o número de nasas permitido segundo o tamaño da embarcación e o número de tripulantes enrolados e a bordo. Ademais especifica que o horario de lance de nasa nécora e camarón será nocturno con excepcións na ría de Arousa e de Vigo nas que o calamento tamén poderá ser diúrno.

Unha vez cumprido o horario de traballo, deberán ser levadas a porto diariamente. A veda da nécora para o ano 2019 estableceranse no correspondente plan xeral de explotación marisqueira dese ano.

También te puede interesar