Deportes Vigo al minuto

O goberno local aproba a contratación do estudo económico para a explotación de Balaídos

O Goberno local aprobou este xoves a contratación dos servizos de elaboración de un estudo de viabilidade económico-financieira para o uso e explotación do Estadio Municipal de Balaídos.

O alcalde explicou en rolda de prensa que o estudo servirá para determinar a modalidade de explotación a escoller e que determine, no seu caso, o canon e o prazo de duración. “Seguimos a dar pasos para avanzar coa remodelación de Balaídos», sinalou Abel Caballero antes de lembrar que Concello e Deputación xa investiron 12,7 millóns, dos que 6,2 foron na grada de Río e 5,6 millóns na de Tribuna.

Ademais, engadiu, hai que sumar o proxectos de Gol e Marcador, parking e asentos de Río Baixo, con outros 1,2 millóns da Deputación. O alcalde tamén mencionou que o Celta investiu en Preferencia un total de 913.000€ e a Xunta «cero euros».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.