Galicia Sucesos

@anamirandapaz , eurodeputada do BNG, embarca no ‘Astral’, barco de @openarms_fund, cara á zona de rescate do Mediterráneo

Á hora que os xefes de Estado e de Goberno da UE empezaban a súa xuntanza en Bruxelas para falar de migracións, unha delegación de eurodeputados, entre os cales está a galega Ana Miranda (BNG), embarcaban no ‘Astral’, un barco da ONG Proactiva Open Arms, con rumbo á zona de rescate do Mediterráneo Central para denunciar as mortes na mar e a situación das organización non gobernamentais de salvamento logo do peche dos portos de Italia e Malta.

Xunto con Miranda viaxan no austral o eurodeputado de Podemos Miguel Urbán (GUE/NGL), socialista Javier López (S&D) e a italiana Eleonora Forenza (IGUE/NGL). Os eurodeputados estarán catro días na  zona SAR, a área de procura do Mediterráneo para denunciar a criminalización e persecución destas ONG.

También te puede interesar