Destacados Vigo al minuto

Sanidade confirma que as nenas e nenos de Coruxo, que carecen de pediatra, serán atendidos en Navia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de informar que “ante a carencia absoluta de pediatras substitutos, os nenos e nenas de Coruxo serán atendidos no centro de saúde de Navia durante o período estival”.

O sergas salienta que esta medida se circunscribe aos meses de verán, a espera de poder dispoñer de especialistas unha vez rematado este período e reverter esa situación, xa que a praza do pediatra manterase en Coruxo. Así confirmoullo hoxe o xerente da Área Sanitaria de  Vigo, Félix Rubial, ao presidente da Asociación de Veciños de Coruxo.

Dende o vindeiro luns, día 2 de xullo, os menores desta parroquia xa serán atendidos en Navia, que é o centro máis cercano.

También te puede interesar