Vigo al minuto

@depo_es abre este xoves, día 28 de xuño o prazo de presentación de 14 prazas en quenda libre para cubrir vacantes no seu cadro de persoal funcionario

A Deputación de Pontevedra vén de facer a convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2016 e 2017, e reservadas á quenda libre.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no BOPPO e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

As prazas a cubrir son: 1 praza de enxeñeira ou enxeñeiro de xeomática e topografía; 1 praza de psicóloga ou psicólogo; 1 praza de traballadora ou traballador social;  1 praza de técnica ou técnico en Formación e Emprego;  3 prazas de técnica ou técnico de laboratorio; 1 praza de técnica ou técnico en Saúde Ambiental; 1 praza de técnica ou técnico auxiliar de tradución; 3 prazas de oficiala ou oficial de cociña e 2 prazas de oficiala ou oficial de comedor.

También te puede interesar