'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

@MareaVigo sinala que o alcalde é o responsable directo da situación actual do Auditorio

O voceiro do Grupo Municipal da Marea sinalou este martes que a situación na que se atopa o Auditorio Mar de Vigo é “consecuencia do continuísmo levado a cabo polo acalde que, sabendo que a situación ía ser insostible, tratou de tapar as vergoñas con recursos públicos tal e como está facendo agora á hora do rescate.”

Rubén Pérez subliñou que “desde o 2007, Abel Caballero tivo a opción de emendar as decisións políticas tomadas ata o momento sobre o proxecto. Todas as modificacións que se fixeron sobre o mesmo a partir dese momento soamente serviron para secuestrar a iniciativa pública diante dos intereses privados de Caixanova e as construtoras, consagrando un modelo construtivo e concesional absolutamente opaco sobre o Auditorio Mar de Vigo.”

Do mesmo xeito, o grupo municipal da Marea de Vigo engade que o proxecto estaba condenado ao fracaso dende o primeiro momento, xa que non estaba adaptado á realidade da cidade nin mesmo aos usos da súa contorna. Usos comerciais que foron eliminados coa modificación do proxecto feito xa polo actual alcalde, precisamente os que lle daban actividade a espazos como o aparcadoiro.”

“Queremos saber por que se dixo que o único sitio onde podían ir as aulas da UNED en Vigo era o Auditorio Mar de Vigo, por que se inxecta medio millón de euros a unha empresa de organización de eventos sen sacar un concurso público, por que non se rescatou no 2011 cando a empresa concesionaria alertaba da situación ou mesmo por que se ampliou a concesión de 35 a 60 anos. Todas esas actuacións só serviron para soterrar millóns de euros de cartos públicos” concluía Rubén Pérez.

También te puede interesar