'Qué te cuentas?' Galicia

A pensión media en Galicia situouse, segundo o Goberno, en 793€ este mes de xuño

793,34€, isa é, segundo os datos do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, difundidos este luns, a pensión media en Galicia- a segunda más baixa do Estado, após a dos estremeños que cobran pouco máis de 777€-.

O principios deste mes de xuño había en Galicia 761.063 pensionistas, dos cales 474.075 son xubilados, e teñen unha pensión media de 904,32€; outras 186.813 son pensións de viuvez, cunha media de 556,18€ ao mes; 69.939 son de incapacidade permanente con 844,48€ de paga; 23.819 a orfandade con 377,64€ e 6.417 a favor de familiares con 483,63€ mensuais de nómina.

También te puede interesar