Comarcas

@depo_es aproba investimentos de 473.000€ para os concellos de Crecente, O Rosal e Vilaboa

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar tres novas achegas para os concellos de Crecente, O Rosal e Vilaboa, dentro da Liña 1 do “Plan Concellos 2018”. Estes investimentos supoñen un total de 472.955,44€.

Así, a institución provincial destina ao concello de Crecente unha achega de 151.520,42€ para financiar a mellora e acondicionamento de viais municipais do concello. Con esta achega, Crecente xa ten recibido 305.637,55€ do Plan Concellos 2018, é dicir, o 79,22% do plan.

Pola súa banda, o concello de O Rosal recibe por parte da Deputación 160.984,26€ para a mellora e reparación do auditorio municipal.  A institución provincial xa destinou a O Rosal 352.229,73€ do Plan Concellos 2018, o que supón o 62,38%.

E xa por último, o goberno de Carmela Silva destina ao concello de Vilaboa un total de 160.450,76€ para a rede municipal de distribución de Auga Potable 1ª fase. Este concello xa ten recibido 353.542,21€ do Plan Concellos, un 69,91% do plan provincial.

Este ano a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.

Te podría interesar