Destacados

As asociacións veciñais de Teis e Chapela piden ao novo ministro de Fomento que fixe unha data para a eliminación da peaxe de Rande

Representantes das asociacións veciñais de Teis e de Chapela, veñen de presentar un escrito conxunto no Rexistro da Delegación da Xunta en Vigo, dirixido ao José Luis Ábalos Meco, novo Ministro de Fomento, solicitando a supresión da peaxe Rande-Vigo pendente de concreción dunha data, a conversión en tramo urbano da autoestrada AP-9 desde Padín até o centro da cidade e medidas contra a contaminación acústica.

A Asociación Veciñal de Teis, esixe que o Ministerio, concrete unha data para a supresión da peaxe, “logo de case seis meses de anunciar a supresión da mesma”. Hai que lembrar que o pasado 23 de xaneiro, o Ministerio de Fomento aceptaba a reivindicación de liberar a peaxe  e en marzo, informaban que estaban negociando con Audasa unha posíbel contrapartida.

As dúas asociacións subliñan que a eliminación da peaxe debe abranguer a conversión en tramo urbano da autoestrada AP-9 desde Padín até o centro de Vigo e medidas contra a contaminación acústica, empezando pola aprobación definitiva da 2ª fase do Plan de Acción contra o Rúído.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.