Galicia

4.160 familias galegas poderán beneficiarse das novas axudas para o alugamento de vivenda

O presidente do Goberno de Galicia informou este xoves, durante a rolda de prensa posterior ao  Consello, da aprobación da convocatoria de axudas para contribuír a financiar parte dos gastos de alugamento do domicilio habitual e permanente de 4.160 familias. 

En total será preto de 15 milóns, cofinanciados entre a Xunta e o Ministerio de Fomento, en dúas modalidades de axuda, a primeira dirixida a toda a poboación con carácter xeral e a segunda dirixida especificamente aos mozos menores de 35 anos. En ambos casos poderanse recibir as axudas con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro e por un período máximo de tres anos.

O presidente Feijóo explicou que para acceder as ditas axudas os solicitantes deberán acreditar que os ingresos das persoas que conforman a unidade familiar están comprendidos entre os 375€ e os 1.342€ mensuais. No caso das familias numerosas ou persoas con determinadas discapacidades o límite máximo de ingresos será catro veces superior, de 2.148,45€ mensuais. Mentres que o límite máximo de ingresos será de 2.685€ para as familias numerosas de categoría especial ou persoas con maior grao de discapacidade.

No que se refire a contía das axudas segundo a situación do solicitante, estas serán de ata o 40% con carácter xeral e de ata o 50% no caso dos menores de 35 e maiores de 65 anos. E, no que se refire ao lugar da vivenda en alugamento, o máximo será de 500€ no caso de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra; 400€ nas restantes cidades e nas vilas medias; e 300€ no resto de concellos.

También te puede interesar