Vigo al minuto

O Concello aproba as normas para as fogueiras de San Xoán e reforza as liñas de Vitrasa cara a Samil

O Concello vén de publicar o bando informativo das cacharelas de San Xoan no que se sinala, polo miúdo, as  características técnicas das cacharelas e os requisitos que deben cumprir os solicitantes. O alcalde adiantou que se xa empezaron a chegar as solicitudes e que nos vindeiros días serán revisadas.

Coincidindo con San Xoán, vanse reforzar as liñas de Vitrasa cara a Samil, tanto diario como nas liñas nocturnas, incluíndo un servizo especial. Operarán a N1 e a N2, prolongando o seu percorrido, e habilitarase unha terceira específica ao efecto. Ademais, en horario diúrno, o goberno de Vigo tamén reforza as liñas que chegan ata Samil, é dicir, a C3, L4C, L15C, L10, L15A, 15B e L23, ampliando así a frecuencia media de autobuses do centro ata a praia.

También te puede interesar