RGPD - Cookies
Comarcas

O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Redondela, dos primeiros de Galicia en someterse á avaliación ambiental coa adaptación total á nova Lei do Solo

Así o sinala a tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, María del Carmen Amoedo, quen subliña que isto é a mostra de que, coma defenderá o Goberno local, o proceso “supuxo a elaboración dun documento máis completo e complexo para recoller todas as exixencias de Urbanismo da Xunta”.

María del Carmen Amoedo, salienta que este é “o inicio do camiño dun proxecto vivo que vai tracexar o que será o desenrolo de Redondela durante os vindeiros vinte anos”.

A Administración galega vén de abrir o período de consultas do trámite de avaliación ambiental e durante dous meses será posible presentar observacións e suxestións ao documento, que pode consultarse no portal web da Xunta de Galicia.

As alegacións poden presentarse dende o pasado 13 de xuño e ata o vindeiro 13 de agosto, entrando na sede electrónica da Administración galega premendo no enlace on line http://www.cmaot.xunta.gal/programas-con-periodo-de-consulta-aberto; enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected]; por fax ao número 981 541048 ou por escrito no Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

También te puede interesar