Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Veciñas e veciños de Coruxo mobilízanse para denunciar o peche do servizo de Pediatría do seu centro de saúde

A Asociación de Veciños de Coruxo, en nome da veciñanza afectada, vén de denunciar nunha concentración, o peche do servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Coruxo, que atende a máis de 1.000 nenas e nenos das parroquias de Saiáns, Oia, Comesaña e Coruxo.

Os veciños d defenden a “necesidade de contar co servizo de Pediatría dentro do Centro de Saúde de Coruxo para dar resposta ás necesidades dunha das áreas máis anovadas en idade do concello e que cubre, xa de por si, unha zona grande abondo como para ter conta da súa importancia”.

Nesta reivindicación, que trasladaron xa por escrito ao Valedor do Povo o pasado día 10, contan co apoio de Asociacións de Nais e Pais dos colexios da área sur de Vigo e das Asociacións de Veciños de San Miguel de Oia e Saiáns.

También te puede interesar