RGPD - Cookies
Vigo al día

@depo_es inicia esta fin de semana as visitas teatralizadas ao Castelo de Sobroso

A Deputación de Pontevedra porá en marcha a próxima fin de semana as anunciadas visitas teatralizadas ao Castelo de Sobroso que se desenvolverán o sábado 16 e o domingo 17, así como o venres 29 e o sábado 30 de xuño. Os días 16,17 e 30 de xuño a visita terá lugar ás 11,30 da mañá, mentres que o venres 29 será ás 5 da tarde.

O aforo é limitado para cada unha das visitas e o proceso de inscricións ábrese este martes na páxina web de Turismo Rías Baixas, www.turismoriasbaixas.com. Aquelas persoas que desexen participar na iniciativa teñen tamén á súa disposición, para calquera dúbida ou información adicional, os teléfonos 886 211 700 e 618 320 033.

As visitas teatralizadas diríxense ao público familiar e van xirar arredor de dúas figuras con historia no Castelo: Dona Urraca, que estivo presa en Sobroso e fuxiu por un pasadizo, e Pedro Madruga, quen reconstruíu o Castelo despois das revoltas irmandiñas. O obxectivo é achegar, sobre todo aos máis novos e novas, a historia de Galicia dun xeito ameno e divertido, así como amosar a natureza e a paisaxe do Castelo de Sobroso podendo gozar dunhas incomparables vistas do val do Tea dende as terrazas da fortaleza.

También te puede interesar